miércoles, 11 de marzo de 2020

Tempos difíciles

Compraceme compartir cos vos, os meus alumnos, estes momentos e reflexións desde posicións distintas pola diferencia de xeración e por tanto de experiencias. Lamento que teñades que vivir estes tempos difíciles, porque sodes aínda moi novos, pero teño esperanza de que os nosos gobernantes, tantas veces criticados ou loubados por temas triviais estén pendentes do que é mellor para nos.
A miña xeración tivo sorte, non viviu ningunha guerra, nin unha postguerra e quizais a crise do coronavirus sexa o máis difícil co que estamos a enfrentarnos. Calma e rutina é o mellor que podemos aportar, e consellos sobre actuacións. Aquí van os da Xunta de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario